Obradoiro Videorede no Museo fortaleza de San Paio de Narla  

Posted by Museo Fortaleza San Paio de Narla in , , , , , ,

Levouse a cabo o obradoiro Videorede no Museo Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, os pasados dias 6 e 7 de agosto.


Os nenos realizaron traballos audiovisuais mediante diferentes dispositivos de grabación coma telefonos mobiles, cámaras de fotos e cámaras de video. Estes traballos teñen coma actriz principal a propia Rede Museística e tratan de vencellar aos nenos dos tres museos da rede mediante un dialogo activo e asincronico. Os nenos de cada museo estudan a sua historia, mostran o seu presente, e analizan o seu fututro facendo participes do proceso os nenos do resto de museos da rede mediante o Canal Multimedia do Museo en youtube (http://www.youtube.com/user/museosanpaio).



Tamén se fomenta a idea de rede mediante a grabación de preguntas por parte de cada neno de San Paio para os nenos de Tor e do Museo do Mar, e que no caso das do Mar xa se poden visionar no canal Multimedia do Museo. Os nenos do Mar deberán grabar Videorespostas as inquedanzas dos de San Paio, coma xa fixeron estes coas dos nenos de Tor, o dia que fagan o Obradoiro os dias 11 e 12 de agosto.






This entry was posted on lunes, agosto 10, 2009 at 23:39 and is filed under , , , , , , . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario