CAMPAMENTOS DE NADAL: PROGRAMA  

Posted by Museo Fortaleza San Paio de Narla in ,

7 de xaneiro: Aprendemos a vivir xuntos.
Este primeiro dia adicarémolo a dar unhas nocións teóricas do que se vai a facer os diferentes dias do campamento para logo comezar cos obradoiros propiamente ditos.

- Cincocentos anos de Latexos de San Paio: Vivimos inmersos nun mundo netamente visual। O cine, a fotografía e incluso a pintura mais sobre todo a Televisión, so referentes visuais que non só están a desprazar a cultura sonora se non que en moitos casos a están a extinguir। Neste obradoiro de arqueoloxía sonora descubriremos e analizaremos como cambiou a paisaxe sonora da Fortaleza e o seu entorno dende os tempos feudais ata agora que é un Museo। E demostraremos que existe unha riqueza sonora infinita cando un se para a escoitar.

- Videorede II:Embaixadores e Informantes do seu entorno

Videorede e unha actividade que se creou só para os obradoiros de verán da Rede। Pero a medida que se comezou a traballar co proxecto demonos conta da infinidade de posibilidades que podía ofrecer se a convertiamos nun proxecto a largo prazo. E por iso que decidimos continuar con ela e seguir nutrindo os diferentes canais creados para a actividade na rede. Nesta edición centraremos o Obradoiro en:

o Coñecer as ferramentas necesarias para a creación de arquivos sonoros e visuais e para a súa posterior publicación na rede.
o Participar na creación de contidos para os diferentes canais abertos no museo.
o Coñecer, utilizar e transformar os diferentes tipos de formatos sonoros e audiovisuais.
o Podcasting: Coñecelos, producilos e insertalos nos diferentes canais do Museo.





8 de Xaneiro: Redes de Historias; Obradoiro Literario e de Ilustración.

Romances, lendas, parrandas, paixoliñas, cantos de cegos. Aprenderemos que son e porque se cantaban. E baseándose nos nenos fundadores, nos benefactores, e nas persoas que se agochan detrás de cada peza do museo, os rapaces construirán a súa propia. Despois de recoller as historias adaptaranas e ilustraranas.

9 de xaneiro: Aprendemos a Ser... Difundindo o Patrimonio
-Durante o desenrolo do curso, como resultado dos coñecementos adquirios realizarán un programa de radio। Servirá para a reflexión e a creacion de contidos patrimoniais propios(patrimonio que recibimos, patrimonio que transmitimos).O programa será colgado en internet e poderá ser escoitado polo público en xeral mediante o sistema de poscast.

-Tirando do Fío: Xa pola tarde, un clásico dentro do programa de actividades da Rede। Un encontro interxeneracional apto para toda a familia no que este ano falaremos dos diferentes sistemas de medición agraria। A Fanega, o Ferrado, o Canado… Tamén falaremos do antigo sistema de pago, o Troco। Un sistema que se esta a recuperar nalgúns sitios debido a situación de crise que se vive actualmente.


OBRADOIROS CAMPAMENTO DE NADAL
Dixitalización sons: Estudio Móvil Huevo Frito (Miguel Ángel Martínez)
Idea y Texto : Brais García, Juan Ignacio Barros,Encarna Lago
Deseño ilustracións: tatata
ASESORAMENTO BIBLIOGRAFICO:MERCEDES SALVADOR
ASESORAMENTO DOCUMENTAL: Charo Fernández
Colaboracións: Ángeles Cabana , María González, Manuel González, Francisca Abuín, Ana Ferro, María Fe Fariñas ,Amelia Pernas, Cristina Fernández, Silvia Fiallega,Cristina Barreiro,Raquel Guerrero,Matías Linares, Sara Herrera, Rubén Pérez , Marta Crespo, José Ramón, Alfredo Perez, Paco Fra, Francisco Javier Rivera, Pepe Rey, Clara Rodríguez,Lara Fernández,Anastasia Rodríguez,Francisco Fernández.

This entry was posted on miércoles, diciembre 02, 2009 at 22:43 and is filed under , . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario