CAMPAMENTOS DE NADAL  

Posted by Museo Fortaleza San Paio de Narla in ,

Aprendendo a ser, a facer, a coñecer e a vivir xuntos

INTRODUCCIÓN
:
Dende a Rede Museística tiñamos claro que neste ano 2009, no que se está a festexar o Ano Europeo da Creatividade e a Innovación, e coa vista posta xa no ano 2010, no que se festexará o ano Internacional de Achegamento entre Culturas, debiamos centrar as actividades de Nadal sumándonos a estes dous festexos।

O novo concepto de museo coma unha institución activa e participativa desbancou o concepto clásico de almacén de obxetos fai moitos anos। Pero na actualidade estase a instaurar unha nova corrente tan errada como a anteriormente citada, a do museo coma ludoteca. Temos claro que non podemos caer nese erro e por iso no deseño das actividades o factor lúdico non pode supeditar a outros factores mais correctos como o didáctico ou o participativo. Un museo participativo é un museo activo.

As novas tecnoloxías son un medio perfecto para traballar con didáctica en museos. Por un lado ofrecen a posibilidade de facer cousas cunha repercusión global e por outro e unha linguaxe que os nenos comprenden e utilizan habitualmente. Por iso, aproveitando ese interese crecente dos rapaces polas novas tecnoloxías dirixiremos o seu uso cara o fomento de valores que garanten a posta en valor do seu patrimonio, e non só do patrimonio local de cada museo se non de todos os museos da rede e dos entornos nos que se atopan. Que tendo en conta a localización estratexica de cada museo da rede ( Mariña, Centro, Ribeira Sacra) estariamos falando de toda a provincia indo do local o global. No deseño tamén tivemos isto en conta e fomos do particular o global, deseñando unhas actividades cuns obxetivos comúns a todas elas pero que por si soas teñen obxetivos únicos.

METODOLOXIA:
Deseñamos tres días de obradoiros interxenaracionais considerando as categorías de aprendizaxe presentes nas tendencias sobre a educación no século XXI, propostas pola UNESCO : aprendendo a ser, a facer, a coñecer e a vivir xuntos.
Pensamos que estas directrices engloban perfectamente o espírito que queriamos por en valor cos campamentos e por iso baixo él englobamos todos os obradoiros.
As datas dos campamentos nos diferentes museos son:
- Museo Provincial do Mar: 19, 26 e 28 de decembro
- Museo Pazo de Tor: 29, 30 de decembro e 2 de xaneiro.
- Museo Fortaleza San Paio de Narla:7,8,9 de xaneiro।

Os horarios serán de 11 a 13,30 todos os días agás:
- Dia 19 e 26 de decembro, Museo Provincial do Mar de 12 a 13, 30 e de 18 a 21.
- Dia 9 de xaneiro, Museo de San Paio de Narla de 12 a 13,30 e de 17,30 a 20.
- Dia 2 Museo Pazo de Tor de 12 a 13,30 e de 17,30 a 20 e o dia 30 de 16 a 18
Os campamentos están dirixidos a nenos de entre 6 e 14 anos e contarán con 15 prazas para todos os dias agás Tirando do Fio que contara cun limite de 40 prazas।

OBXETIVOS GLOBAIS:

- Ter claro o concepto de Museo e de obra de arte.
- Aprender a aproveitar as diferenzas coma algo enriquecedor en prol da tolerancia.
- Promoción do coñecemento recíproco da diversidade cultural en interxeneracional.
- Promoción do entorno patrimonial, tanto material coma inmaterial.
- Coñecer e usar as novas tecnoloxías para explorar e aprender as costumes que se están a perder.

OBSERVACIONS:
-TEREMOS TRANSPORTE DE LUGO A SAN PAIO E DE MONFORTE A TOR.
-SI TEÑEN QUE TRAIAN CAMARA DE FOTOS DIXITAL।
-QUE TRAIAN BOCADILLO E ALGO PARA TOMAR A MEDIA MAÑÁ.
-FIRMA DE PERMISOS CORRESPONDENTES.

This entry was posted on miércoles, diciembre 02, 2009 at 22:38 and is filed under , . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario