Programa actividades de verán  

Posted by Museo Fortaleza San Paio de Narla in , , ,

Enrédate con nós

Verán 2011


A evolución das novas tecnoloxías puxo ao noso alcance ferramentas que fan posibles soños. Estas ferramentas posibilitan unha retroalimentación informativa sen precedentes. O modelo de xestión da información e acceso a contidos está agora dirixido por nós mesmos mediante Blogs, canles de TV y Radio en streaming, subscripcións RSS etc. Isto, xunguido á inmediatez e facilidade de difusión das redes sociais, conforma un escenario no que museos e demáis institucións culturais públicas, debemos saber tirar proveito de todas estas ferramentas para poder cumplir o noso fin como espazo público. Achegarse ao usuario non é suficiente, agora queremos que participes dun espazo que é teu e que está a túa disposición.

"Enredate con Nós" e o lema da proposta deste programa de actividades, que pretende enredar, enlear, envolver, engaiolar, enganchar, comprometer..., pór en rede a todos e todas. Propoñemos e tamén agardamos propostas; queremos suxestións, ideas ou proxectos. Trátase de democratizar o acceso á cultura, facer real o dominio público, das infraestructuras e equipamentos culturais: quen teña un proxecto veña e poda levalo a cabo nun espazo que é noso, de todos, teu.

OBRADOIROS PARA RAPACES E RAPAZAS: Oficios

14 e 15 de xullo de 2011

Oficios: de hoxe a onte

Mestre: Varios artesáns e expertos

Obxectivos: Queremos amosar que os bens culturais materiais que conteñen os museos en relación cos traballos son á súa vez continentes de valores inmateriais. Que nos din os obxectos dos museos?

Horario: de 11:00 a 13:30 horas.

Prazas: 20

19 e 20 de agosto de 2011

Oficios de onte

Mestre: Varios expertos.

Obxectivos: Procuraremos unha nova mirada en relacións aos obxectos expostos nos museos. Que nos din do pasado?

Horario: de 11:00 a 13:30 horas.

Prazas: 20

PROPOSTAS PARA FAMILIAS: ROTEIRO IRMANDIÑO

6 de agosto

Reunión cos viaxeiros procedentes do Museo Provincial do Mar de San Cibrao e cos que iniciaron a viaxe no Museo Pazo de Tor. Poñeremos en práctica as nosas capacidades e habilidades para recrear as guerras irmandiñas.

Prazas: 40

Inscricións: Museo Etnográfico San Paio de Narla

EXPOSICIÓNS

A arte de ser muller nun mundo por compartir: Que ves cando me ves? (do 1 de agosto ao 30 de setembro de 2011).

Vídeo-proxección: Oficios e mulleres de aquí e de acola (do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2011), ás 18.00 horas

Documentos con memoria (agosto de 2011)

Mostra bibliográfica, fotográfica e documental producida polo Museo Provincial de Lugo sobre o convento de San Francisco de Lugo con motivo do 80º aniversario da súa declaración como BIC.

CONCERTO

Sábado, 3 de setembro, ás 20:00 horas

Espazos sonoros 2011: Os sons de Galicia, por Carlos Suárez.

Paisaxes sonoras de Galicia pregravadas, instrumentos de vento e percusión.

Carlos Suárez é paisaxista sonoro e traballa para o colectivo Escoitar.org. facendo gravacións de campo por toda Galicia, buscando aqueles sons máis interesantes e, sobre todo, identificando os que están en perigo de extinción.

MUSEOLOXÍA SOCIAL

24 de setembro, 11:00 horas

Reunión co colectivo “Raiolas” e presentación das memorias e novas iniciativas do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade.

VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS

Visitas guiadas xerais

Todos os días, ás 12:00 e ás 17:00 horas

Itinerarios en feminino

Todos os domingos do verán, ás 12:00 h.

NOTA IMPORTANTE

A inscrición para as actividades que a requiren é gratuíta e poderá formalizarse a partir da data de publicación desta convocatoria no propio museo.

O prazo rematará cando se cubran, por rigorosa orde de inscrición, as prazas convocadas.

No caso de non se reuniren as inscricións suficientes para realizar algunha actividade (ou por causas de forza maior) poderá suspenderse algún dos obradoiros, circunstancia que se lles comunicará oportunamente ás persoas directamente afectadas.

No suposto que alguén decida non asistir a algún dos obradoiros nos que estea inscrito, prégaselle que lle comunique ao Museo esa incidencia para posibilitar o acceso das persoas inscritas en reserva.

Museo Etnográfico San Paio de Narla
Torre de Xiá / 27220 Friol (Lugo) / Tfno.: 982 375 156 / sanpaiodenarla@museolugo.org / xerencia@museolugo.org / www.museolugo.org.


Dende 1 de outubro ao 31 de marzo: Martes a venres: 11 a 14 e 16 a 18 h. Sábados, domingos e festivos: 12 a 14 e 16 a 18 h.


Dende o 1 de abril ao 30 de setembro: Martes a venres: 11 a 14 e 17 a 20 h. Sábados, domingos e festivos: 12 a 14 e de 17 a 20 h.

Entrada gratuíta.

Xerencia da Rede Museística
Tfno.: 982 165534 / xerencia@museolugo.org



This entry was posted on viernes, julio 01, 2011 at 11:01 and is filed under , , , . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario