A Arte de ser muller: Laura Pernás e Sesé Vila  

Posted by Encarna Lago in , ,


Esta semana no Museo do Mar, teremos o privilexio de contar con obras de Laura Pernás e Sesé Vila. Duas artistas que non vos van deixar indiferentes e que participan dentro do proxecto de igualdade e visibilidade da muller na Arte. Compartimos con vos un texto de que nos achegou Laura Pernás e que explica un pouco a súa obra.





A morte da miña nai cando contaba seis anos de idade fíxome crer que os traspés que sofrimos na vida non poden mitigarse loitando con valentía contra o azar. Foi precisamente este factor o que determinou o seu nome, Alicia, como a de Lewis Carroll, e, en certo sentido, a miña visión das cousas.


Poucas son as cousas que lembro con claridade dos meus primeiros anos. Quizais hai unha, o olor da herba. O olor da herba faime evocar aqueles seis anos roubados nos que eu xogaba nunha herba altísima que aínda non fora segada, allea a toda desgracia. Pero ano tras ano, ca chegada do verán, meu avó acababa por segar a herba; destruíndo todos os meuss paraísos e fantasías, dando paso á nada.


Din que un pode morrer máis facilmente de nada que de dor.


Unha pode rebelare ante a dor, ante a nada non.













Tras rescatar entre os restos do naufraxio da miña infancia, unha película en Super8 na que saio eu á idade de cinco anos, xogando nesa altísima herba, comeza o meu traballo como videocreadora, realizando a obra nun bosque na miña memoria. Esto supón o punto de arrinque do meu proxecto creativo; un proxecto que fala da infancia, da dor, da pena, do destino.


Para A Arte de ser Muller presento, por primeira vez, practicamente de forma íntegra a serie de videocreacións “Ciclo de la Tormenta”. Trátase de sete traballos, (neste caso seis) ordeados cronoloxicamente por data de realización. Son: “un bosque en mi memoria”, “rayo de tiniebla”, “éxtasis de angustia”, “todos mis secretos”, “treinta o cincuenta sueños ningún recuerdo” y “como si dios llorase lagrimas de oro”. Tan só falta “prólogo a una profecía” ou o que supuxo na miña vida morder simbolicamente unha manzá; que supón o punto final desta etapa.
Son traballos que falan da infancia, a mística, o loito, a introspeción; de búsqueda, alquimias e dor. Trátase de pezas onde a realidade e a ficción confúndense, o soño e a vixilia se entremisturan, e o delirio e a alucinación dan paso, a xeito de confesión, a unha caste de terapia autorreferencial que, como se se tratase dun exorcismo, axúdanme a asumir o meu propio destino.

This entry was posted on miércoles, noviembre 09, 2011 at 12:37 and is filed under , , . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario