Posted by Encarna Lago

OBRADOIRO FOTOGRAFÍA A CEGAS

A fotografía é un medio que nos rodea na nosa cotidianeidade, a cámara fotográfica converteuse nun aparello demandado e accesible que nos permite construír imaxes de forma intuitiva polo que non é estraño que unha persoa cega busque achegarse e indague sobre este medio visual.
Ao explicar e mostrar o medio a un cego, é menos sorprendente que queiran facelo, xa que para os cegos o medio non é visual, eles fano a través do tacto, o oído e os procesos cognoscitivos grazas aos que poden comprender e manipular o medio fotográfico, o que fai pensar que non son exclusivos da visión.
A visión é unha construción, a nosa mirada non é instantánea ao momento de nacer. Vemos sen lograr dar coherencia á contorna, polo que o noso cerebro debe dar sentido, por medio da experiencia, do que ve, a vista non domina automaticamente aos demais sentidos, todos traballan en conxunto para asimilar a contorna e aprender a ver.
Non existe un ollo que xulgue o mundo, cada mirada está medida pola experiencia, a cultura e as estruturas cerebrais que a controlan. Ao mesmo tempo, o medio visual imprégnase doutros sentidos e procesos cognoscitivos.
Os museos da Rede Museística tentamos achegar ao imaxinario das persoas invidentes outra maneira de “ver” as obras de arte, unha experiencia pioneira para mellorar a accesibilidade a través da fotografía.

Contidos
-A importancia da fotografía e etapas máis importantes na súa historia.
-Descrición da cámara, dos seus compoñentes e funcionamento dos mesmos.
-Tipos de cámaras. Tipos de obxectivos e a correcta utilización dos mesmos.
-Expoñer correctamente.
-Coñecemento das regras básicas da composición en función do punto de interese.
-Aprender a expresarse mediante imaxes.
-Distintos tipos de luz e como empregala.
-Tipos de accesorios útiles para a toma de fotografías.
-Selección dos temas a fotografar.
-Coñecemento e estudo da obra dalgúns recoñecidos fotógrafos cegos.

 27 de abril de 2012

Naturezas mortas e composición, a cargo de Germán Limeres.
Introducción aos contidos museísticos e contextualización da obras seleccionadas, a cargo de Encarna Lago.





This entry was posted on jueves, febrero 14, 2013 at 12:40 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario