Posted by Encarna Lago

REVISTA ORAL CASTRONELA Nº1

Primeiro número da Revista Oral Castronela. Castronela súmase así ás revistas xa existentes no Museo do Mar, A Voz dos Carraos; e no MPL, O Pazo das Musas. Unha iniciativa que esperamos sexa do voso agrado e que pensamos repetir. Aquí vos deixamos o sumario:

Portada musical: Alén do teu recordo (letra: Marica Campo e Mero Iglesias), por Mini e Mero (3’)

Coleccións do Museo Fortaleza San Paio de Narla: Ao trope e ao paso (útiles de montar), por Mª Rosario Fernández González (10’)

Música: A Rosiña do Estanqueiro (Parrafeo tradicional), por Mini e Mero (3’)

Algo de literatura (I): “Tres edificios”(fragmento), do libro Finísimo pó nas ás, por Xerardo Quintiá (5’)

Música: Penélope (Letra: Xosé Mª Díaz Castro. Música: Mero Iglesias), por Mini e Mero (3’)

Algo de historia: O farmacéutico Julio Castro Ves en Friol, por Higinio Martínez Fernández de la Vega (10’)

Música: Aradiño (letra: Manuel María / Música: Antón Campelo), por Mini e Mero (3’)

Algo de literatura (II): “Tres edificios”(fragmento), do libro Finísimo pó nas ás, por Xerardo Quintiá (5’)

Algo de tradición musical: Xota de Caroi, Muiñeira de Calvos e Mazurca de Lampai, polas Pandereiteiras do CPI Dr. López Suárez de Friol (10’)

Friol na internet: O blog “Friol. Algo máis que pan e queixo”, por José Mª Carricoba Armesto e Blanca Castro Gerpe (10’)

Música: Aquí (letra e música: X. L. Rivas Cruz), por Mini e Mero (3’)

Algo de literatura (e III): "Son de nácara", "Volver sobre as cousas", "Ir polo camiño e sentir" e "Mazinguer Z coroado de chorimas", poemas do libro Fornelos & Fornelos. Primeira Fundación, por Xerardo Quintiá (5’)

Algo de memoria: “Tiempo de ilusión. Tiempo de recuerdo”, programa da serie “Vivir cada día” de TVE dirixida por J. Luis Rodríguez Puértolas, emitido o 28 de marzo de 1979. Protagonizado por varios nenos e nenas, a mestra e outras persoas de Friol (12’)

Música: Canto de berce (tradicional), por Mini e Mero (3’)

Opinión: Intervención do público (5’)

Epílogo: por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’)

Contraportada musical: Crime da Xestosa (tradicional, letra de Prado Lameiro), por Mini e Mero (3’)







This entry was posted on jueves, febrero 14, 2013 at 12:30 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario