O Apóstolo maná 9 de marzo ás 19:00 h. no Museo Fortaleza San Paio de Narla  

Posted by Encarna Lago



O Apóstolo (2012), o primeiro filme de animación europeo stop-motion en 3D, guionizado e dirixido por Fernando Cortizo, producido por Artefacto Producciones, nominado aos Premios Goya, está sendo protagonista nos catro museos da Rede Museística nestes días.

Un dos motivos é que desde o 15 de febreiro o Museo Pazo de Tor custodia e amosa aos visitantes parte das maquetas dos decorados desta película; outro motivo é que esta películaestivo nominada nos Premios Goya con opción a Mellor Película de Animación. E a terceira, e máis importante das razóns, consiste en ofrecer aos nosos visitantes a oportunidade de visionar totalmente gratis este excelente filme.
Xunto coas proxeccións que se realizarán nos catro museos conforme ao calendario que se achega, tamén haberá ocasión de escoitar e partillar co seu director, Fernando Cortizo, e coa responsable da produtora, Isabel Rey, para coñecer as interioridades dunha rodaxe moi complexa.
A entrada é, coma sempre, de balde


Sinopse
Un preso que acaba de fugarse do cárcere intentará recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago; pero o que alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense, humor e fantasía.


Director: Fernando Cortizo
Productores: Artefacto producciones
Guionistas: Fernando Cortizo
Actores: Paul Naschy, Jorge Sanz, Carlos Blanco, Xosé Manuel Olveira 'Pico'
Duración: 80 min.

This entry was posted on viernes, marzo 08, 2013 at 13:10 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario