VISITA AO MUSEO DE SAN PAIO DE NARLA AMENIZADA POR AVELINO GONZALEZ  

Posted by Encarna Lago

Un trip promocional por Galicia de cinco días organizado por Tesouros de Galicia, entidade sen ánimo de lucro que persegue a valorización do patrimonio, e a dinamización daeconomía a través do turismo cultural. É membro dunha rede internacional de entidades (INTO)http://www.nationaltrust.org.uk/what-we-do/what-we-protect/ ,http://internationaltrusts.org/members/ , que ten 60 membros en todo o mundo VISITOU A REDE MUSEÍSTICA no MUSEO FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA

A presentación de Tesouros de Galicia fixose oficialmente o xoves 18 de abril no Balneario de Mondariz. Con motivo desta presentación convidouse a unha serie de dirixentes do INTO, co fin de amosarlles Galicia como destino turístico cultural. Esta viaxe é unha oportunidade para dar a coñecer a riqueza patrimonial de Galicia a esta asociación onde só a súa matriz, o National Trust de Reino Unido ten máis de catro millóns de socios interesados na Cultura e o Patrimonio.





This entry was posted on miércoles, abril 17, 2013 at 11:05 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario