Obradoiro Tastarabás: o xoguete tradicional, o albuche.  

Posted by Encarna Lago

Nun espazo como é o museo fortaleza San Paio de Narla, hoxe os nenos recreáronse facendo un obradoiro do xoguete tradicional, o xoguete provoca nos nenos unha estimulación afectiva que lles alimenta o desexo de xogar. Os nenos buscaron o material ao redor da fortaleza e do río Narla, isto é aproveitando os recursos da natureza do contorno como son as canas de bambú. E logo fixeron realidade o seu sono construir un instrumento musical da época dos seus avós e da Idade Media. "Albuche" tamén chamado risca ou riscado. A parte final do obradoiro consistiu nunha festa onde os nenos fixeron o papel de trobadores, bufóns,... coma na Idade Media cantando romances. Un día de lecer e aprendizaxe no Museo Fortaleza San Paio de Narla























This entry was posted on martes, julio 09, 2013 at 17:44 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario