DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS  

Posted by Encarna Lago

Continuando coa semana dos museos o día 18 de maio, Día Internacional dos museos. O museo fortaleza de San Paio de Narla, desenvolveu varias actividades: 

A primeira co "Club Roteiros de Pol", primeiro fixeron unha ruta de senderimos polo noso entorno para rematar coa visita a San Paio de Narla. Onde cunha visita guiada e a través das coleccións recolleceron as ferramentas e analizaron a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeracións. E comprender que as sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico.

A continuación visitounos un grupo de nenos/as e pais e nais de Santiago, Ribadeo, Friol,... con motivo do aniversario dunha nena do Club Pequeamigos (Xiana Rodriguez Castro) recreáronse na vida dos castelos cos persoaxes que habitan na Fortaleza, marabillosa experiencia didáctica vendo como se querían achegar a todos eles sen ter medo ningún (bruxa, dragón, serpe, fada boa, ...)










































































This entry was posted on miércoles, mayo 21, 2014 at 13:29 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario