NOITE EUROPEA E DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS  

Posted by Encarna Lago

O día 16 de maio celebramos a Noite europea e o Día internacional dos museos. San Paio de Narla é un museo axente para o coñecemento do vida do paso dos nosos devanceiros, museos que deben ser e son activos na educación das nosas xeracións.

O Museo Fortaleza de San Paio de Narla celebrou a noite dos museos co Club Pequeamigos formado por nenos/as do concello de Friol e Lugo, é dicir, un museo de todos e para todos. Un xenuino paseo pola historia medieval, a través, das súas coleccións, onde se iniciou a reconstrucción da vida no palacio medieval co fin de estudar o paso do tempo no que se denselvoveu o señorio de San Paio, é decir, en San Paio de Narla fixose palabra en realidade. Primeiro investimos aos nenos/as de cabaleiros, un paseo pola historia explicando a vida nos castelos, unha cea medieval e un concerto a cargo de "Os tres contantes e sonantes" cun "Paseo pola fraga dos biosbardos". E xa para rematar noite de dormida no castelo ata as nove da mañá cun almorzo. Os/as nenos/as foron os protagonistas nesta velada, disfrazados de señores, servos, cabaleiros, artesáns,... é dicir, fixemos un retorno ao pasado medieval, convertíndose nun museo onde a historia se transforma en vivencia didáctica. 

"Que bonita convivencia e experiencia didáctica ao oír decir aos nenos, cando voltamos a facer outra? e aos pais, grazas pola labor que facedes" 

O máximo agradecemento a todos os que colaboraron con nós, xerencia, pais e nais, nenos/as, Raquel e de forma especial a directora do CPI Dr López Suárez de Friol, así como Alberto traballador do concello, Ana Castro veciña de Friol e mestra por axudarnos por levar a cabo esta maravillosa noite que sempre lembraremos con agarimo.




















































































































































This entry was posted on miércoles, mayo 21, 2014 at 12:53 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario