Obradoiro de Poesía (Club de lectura "A lus de San Finx")  

Posted by Encarna Lago

O Museo Fortaleza de San Paio de Narla, celebrou o día das letras galegas adicado a Xosé Maria Díaz Castro orixinario dos Vilares, Parga-Guitiriz, unha aldea preto do noso concello Friol; con un obradoiro de poesía galega do Club de lectura "A lus de San Finx " do CPI Cernadas de Castro de Lousame (Noia). Os nenos comenzaron un roteiro cunha visita ao lugar de nacemento de dito escritor, despois fixeron a ruta da auga, continuaron co mosteiro de Sobrado dos monxes e remataron no noso museo. Aquí tiñamos programado un obradoiro de poesía tomando como referencia as pezas da fortaleza "Os poetas fixeron poesías alusivas a ditas pezas, ao edificio e ao seu entorno; finalizaron confecionando un mural que se levaron como recordo para continuar no colexio dito obradoiro". Unha tarde de lecer e cultura, tanto para os/as nenos/as como os/as metres os pais, as nais e o persoal de San Paio de Narla. "Pequenos poetas, preparándose para o futuro, grandes escritores e poetas"












































This entry was posted on domingo, mayo 11, 2014 at 18:53 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario