San Paio nas X Xornadas Interxeracionais rurais de Cabreiros  

Posted by Encarna Lago

San Paio de Narla sabe que a cultura non morre nun museo, porque a cultura constrúena as persoas co seu devenir e paso pola historia, coa súa contribución e aportación en forma de vivencias e acontecementos (en ocasións auténticos achádegos de emocións recónditamente agochadas) e coa súa ollada ao mundo dando a súa opinión e manifestando o seu agrado ou a súa repulsa.

Dende o museo de San Paio de Narla énchenos de orgullo ter saído ao encontro da asociación de Cabreiros, unha asociación con pulo e emprendedora que non deixa de sorprender e extasiar. A súa creatividade e afán de superación son inabarcables, ano tras ano conseguen captar a nosa atención. E este ano non ía ser menos, así pois asistimos expectantes ante o desfile dun exquisito menú cultural á altura dos paladares máis esixentes.

Tomando como punto de partida o 25 de maio arrancaron con ímpetu e ilusión unhas xornadas que xa van pola súa décima edición e coa ollada posta na investigación, nas pescudas e na conservación da historia do municipio de Xermade. Cun selecto plantel de conferenciantes, entre os que cómpre salientar a Xosé Manuel Cid, Alicia López Pardo, Francisco Xosé Candía e Alfonso Blanco explicaron cómo dinamizar o medio rural.

Co gallo destas xornadas, aproveitouse para presentar ao público o I premio de investigación “Xermade na Historia”, mediante esta iniciativa preténdese dar a coñecer o patrimonio etnográfico e cultural do Concello de Xermade. Xesús Rodríguez, promotor e alma mater deste proxecto, xunto co concello e a prolífica Asociación de Veciños de Cabreiros.

O programa continuou deleitando e ofertando a exposición de Ramón Villares cuxo título “Luces de Alén Mar” enlazaba coa ponencia titulada “As escolas de americanos en Galicia” fixo as delicias entre os asistentes. A continuación, Felpeto seguir na súa liña de emocionar e vapulear conciencias durmidas mediante o seu documental “A trenzo do pelado” baseado na emigración narrada con maestría e emotividade por Dina Fernández Ladra, veciña de Lousada que desgranou os entresixos dos seus longos 44 anos na emigración na Arxentina. Una historia vibrante e vívida que nos fixo reflexionar a todos. Una historia selada coa brilante factura de Felpeto e Gonzalo.











This entry was posted on lunes, mayo 26, 2014 at 13:45 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario