O RETORNO AO PASADO, AS RENDAS DO SEÑORÍO DE SAN PAIO  

Posted by Rede Museística Provincial

Comprender que a sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico, recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade conservalas para outras xeracións foi o obxectivo da visita do CPI Dr. López Suárez de Friol, os nenos de 3º de primario realizaron a visita acompañados da súa mestra Pilar Racamonde.

Eles foron os protragonistas esta mañá de entregar aos señores de San Paio (Sr. Vasco da Seixas e Doña Catalina de Andrade) as rendas da colleitas de todo o ano, é dicir, a fortaleza voltou a Idade Media para convertilos en servos por un día, ataviados cos seus vestiarios de campesiños, somerxéronse nas labores da época facendo un estudo de ditos traballos e contextualizando as pezas das coleccións etnográficas do museo.

Rematou cunha parte práctica, onde os nenos fixeron un caínzo para traballar as súas colleitas, con canas de bambú recollidas por eles mesmos no campo. Así foi a súa vida de campesiños por un día, revivindo o campesinado da época medieval, servindolles como escenario o museo, onde ditas coleccións cobraron vida.


























































This entry was posted on domingo, junio 22, 2014 at 18:30 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario