ANPA COLEXIO ILLA VERDE  

Posted by Encarna Lago

A Anpa do Colexio Illa Verde de Lugo participou onte dun obradoiro para familias no Museo Fortaleza de San Paio de Narla "A Xela cantarela" Tanto pais/nais coma nenos/as fixeron un percorrido pola fortaleza para coñecer o edificio e as coleccións que se presenta no museo, esa foi a forma de coñecer a vida medieval " a vida nos castelos". 
A continuación excolleron o obradoiro " A xela cantarela" peza que puideron contemplar na cociña, ahí fixemos unha posta en común sobre o coñecemento desa peza descubrindo a súa historia ao longo da vida da muller campesiña. 
Logo os nenos puideron visualizar dita información a través dun powerpoint axeitado ás idades dos nenos/as, para pasar despois a parte práctica, isto é presentación do material, manipulación do mesmo co fin de conseguir cada un a súa sella.
Como resultado final cada un dos nenos/as levou a súa sella para pintala na casa despois de que secara.
Unha experiencia gratificante tanto para pai/nais como para nenos/as, como ven o demostraron coas súas caras de ledicia e atención, polo que o Museo Fortaleza San Paio de Narla ve cumplido os obxectivos do Departamento de Didáctica a través destas visitas con obradoiros.


This entry was posted on martes, abril 14, 2015 at 11:04 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario