ACTIVIDADE EN FAMILIA  

Posted by Encarna Lago

Qué sería do noso museo sen xente, sen público, sen crítica? Nós traballamos en todos os eidos tecendo redes, con distintos colectivos, por iso facemos un programa específico para familias os sábados de todo o ano, isto é, traballamos coas ANPAS co obxectivo de que se difunda o nome do Museo de San Paio de Narla como realidade social e educativa.

Por iso onte sábado traballamos cos pais, nais e nenos/as da ANPA do Colexio Quiroga Ballesteros de Lugo, coa actividade "A vida nos castelos: a lareira", empregando como fio conductor a conto da Bela durmiente e aproveitando como recurso as coleccións, nun ambiente en principio nada atraínte para un neno/a o castelo foise convertindo nun escenario onde a súa imaxinación cobrou vida, ata identificarse cos distintos personaxes materializándose como algo real.



OBRADOIRO CO COLEXIO VICENTE OTERO VALCÁRCEL DE CARRAL  

Posted by Encarna Lago


O Museo de San Paio de Narla continuando coa súa programación didáctica do ano 2016 e pensando que o seu principal motor de loita e impulso é traballar con nenos/as, xa que somos conscientes de que son o garante do futuro e perpetuidade do noso legado cultural. Polo tanto o obxectivo de dito museo é traballar e difundir o seu patrimonio. 

Os nenos/as do colexio Vicente Otero Valcárcel de Carral, programaron unha visita a dito museo cunha parte teórica onde recibiron as explicacións da historia da fortaleza e os contidos do museo, para logo centrarse nun obradoiro " Á Procura do Acibeche" co fin de dar a coñecer a colección de acibeches das xoias realizadas nesta pedra protectora intimamente ligada a cultura galega, onde os nenos/as fixeron os colares de abadesa.


Ruta literaria: tras os pasos de Catalina de Santisso  

Posted by Encarna Lago

O día 20 de abril para celebrar o día internacional do libro 23 de abril, Trinidad Suárez Rico responsable do programa Rompendo distancias, cuxo programa ten como obxectivo a creación e acercamento de recursos a persoas maiores en áreas rurais dispersas do principado de Asturias, e que se desenvolve en Taramundi dende o ano 2000 e dende o 2007 en San Tirso de Abres e Castropol e dentro do eixe 2: Participación e integración na comunidade, programaron unha Ruta literaria: tras os pasos de Catalina de Santisso coa escritora Aurora García Rivas, para coñecer os lugares onde transcurriu a súa vida Pazo de Amaido( San Tirso de Abres), Pazo de Tovar e San Paio de Narla esceario da sua vida con Vasco das Seixas "Señor de San Paio" ata a súa morte en dita fortaleza. Vida que Aurora García Rivas nos narra na súa novela "Catalina de Santisso".
Concluimos cunha visita chea de emocións e sentimentos por parte dos paisanos de San Tirso de Abres. Esta ruta concluirá coa a presentación da novela "Catalina de Santisso"




OBRADOIRO FÍOS E TECIDOS: O TEAR  

Posted by Encarna Lago

Os/as monitores/as da Asociación "Clio Reconstrucción histórica" transmitiron nocións básicas sobre o tecido, as súas técnicas e as materias primas empregadas.
O Museo Fortaleza San Paio de Narla ten unha sala adicada ao liño e os nenos/as onte realizaron no tear a labor de tecer pois en anos pasados xa fixeran outros procesos como foi obter o liño.




2º DÍA COLABORACIÓN CO PROXECTO VIA LACTEA DA USC  

Posted by Encarna Lago

Continuando co Proxecto Vía Láctea de mozos e mozas xaponeses en colaboración da Rede Museística e USC, onte adicamos o día a coñecer a contorna do Concello de Friol. 
Comezamos na parroquia de Ousá; onde se sementaba o trigo e o centeo para facer dito pan (Pan de Ousá). Neste caso fixémolo artesanalmente na casa da nosa compañeira Carmiña. Así tivemos a gran sorte de ter a nosa disposición dun forno de leña, onde as rapazas e rapaces realizaron todo o proceso de elaboración do pan (peneirar, amasar, enfornar, ...)para logo concluir na parroquía de Guimarei onde se levaban a vender fai moito tempo estes produtos (pan, queixo,...) pois alí celebrabase a feira. Así eles puideron ver os pendellos, unha carballeira, un muíño en ruinas, un pozo comunitario, ... e unha xoia arquitectónica como é a Igrexa de Guimarei, de arquitectura rural gótica, moi pouco do que queda na provincia de Lugo.
Deste xeito aprendemos a coñecer, isto é, adquirimos os instrumentos da compresión, aprendermos a facer, traballando en equipo; aprendemos a vivir xuntos, viviron o pluralismos a comprensión e aprendemos a ser, desenvolvendo a propia personalidade e capacidade de autonomía, de xuizo e de responsabilidade persoal.
E xa por último quixemos coñecer pedras que se recuperaron como é o Dolmen da Muruxoxa, visible trás moitos anos oculto trás a maleza e así é como se agochan os tesouros en Friol.
As rapazas e rapaces xaponeses marcharon impresionados polas súas vivenzas, querendo coñecer todo tipo de gando (vacas, cabalos, ovellas,...) Ensinanzas que perdurarán nas súas vidas.



COLABORACIÓN PROXECTO VÍA LACTEA USC  

Posted by Encarna Lago

Un grupo de mozas e mozos xaponeses que realizan coa USC o proxecto Vía Lactea e co cal colabora a Rede Museística Provincial desenvolveron unha serie de actividades onte no Museo Provincial de Lugo e hoxe na Fortaleza de San Paio de Narla onde coñeceron a historia da Fortaleza e dos contidos do museo, levando a cabo unha actividade práctica consistente na elaboración do queixo ao carón da lareira, produto típico da economía familiar do concello de Friol a onde pertence a Fortaleza, interesándose polos pasos da elaboración e chegando a realizalo eles mesmos.
E ao memso tempo centrámonos nos catro pilares da educación: aprender a coñecer, aprender a facer, aprender a vivir xuntos e aprender a ser, cunha experiencia intercultural e interdisciplinar.





OBRADOIRO O NOSO SON  

Posted by Encarna Lago

Onte levouse a cabo este obradoiro, no que os participantes (nenos/as, pais, nais, adultos) fixeron un percorrido sonoro pola historia cultural e artística do noso museo. O Museo Fortaleza San Paio de Narla ofreceulles a oportunidade de coñecer como era a vida na Galicia en diferentes épocas, así como as súas manifestacións artíticas e outros aspectos do seu patrimonio material e sonoro.
Neste obradoiro deuse voz e vida aos obxectos que habitan no museo a través dos seus participantes, sen ter coñecementos musicais pero sí unha firme vontade para explorar as realidades sonoras e divertirse ao mesmo tempo.