Obradoiro de Creatividade Oral  

Posted by Encarna Lago

Coa posta en práctica do obradoiro de Creatividade oral, tentouse amosar aos nenos e nenas as posibilidades que oferta a linguaxe nas súas múltiples vertentes, facendo unha posta en valor da súa versatilidade e do seu ilimitado alcance nas tres linguas escollidas: galego, castelán e inglés. Dividindo a actividade en dúas fases, unha primeira cun powerpoint na que a súa amiga Dona Lingua Tunga lles ía facendo de anfitriona (un debuxo animado) ata presentarlles a Ms. Chatty, o seu alter ego inglés. A continuación, experimentaron cos sabores que a nosa lingua está acostumada a tragar e aprenderon que cada lugar do mundo ten a súa lingua, polo cal escolleron unha bandeira e pintaronna no seu debuxo de lingua. Soñaron con otros países e con outras realidades, dando solta a súa creatividade que quedou plasmada na combinación das súas destrezas manuais e intelectuais. Non soamente aprenderon conceptos senón que traballaron poñendo en consonancia o teórico co práctico xogando ao taboleiro das linguas, “fish your tongue” e encesta dándolle á lingua. Unha amena xornada na que se puxo de manifesto que resaltando cousas tan cotiás como falar, podemos disfrutar e deleitarnos. En San Paio cumplimos a nosa máxima: ensinar divertindo, e atopamos a nosa satisfacción no sorriso dos nenos e nenas que quedan extasiados. Impartido por Cristina Barreiro Abuín.
















































































This entry was posted on viernes, agosto 30, 2013 at 18:32 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario