SAN PAIO SEGUE ACTIVO  

Posted by Encarna Lago

O Museo Fortaleza San Paio de Narla segue activo co 2º día das 2ª Xornadas de Interpretación e dinamización do Medio Rural, nunha primeira parte os mestres do CPI Dr. López Suárez de Friol José María Carricoba e Blanca Castro Gerpe trasladáronos ao pasado do Concello de Friol dende a Guerra Civil ata 1979. Impresiosante comunicación con recordo moi especial para os asistentes, logo os nenos de Friol desfrutaron coas súas familiar dunha hora de contos con Celso Fernández Sanmartín. Xa pola tarde a proxección do documental "O Toxo na nosa cultura" da Asociación de veciños de Cabreiros representada por Felpeto e Fernando, vivencias para os asistentes recordando vellos tempos. E para rematar a xornada tivemos a actuación especial do grupo Xesta Verde















This entry was posted on miércoles, abril 09, 2014 at 11:17 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario