OBRADOIRO A MIÑA PRIMEIRA PELÍCULA SEN CÁMARA  

Posted by Encarna Lago

O Museo Fortaleza San Paio de Narla ofreceu durante a semana pasada un obradoiro para nenos/as titulado "A miña primeiro película sen cámara na Rede Museística" impartido por Alberto Vázquez e Carina.
Cine sen cámara ou animación directa é un proceso que reproduce con gran exactitude os impulsos físicos individuais do artista: as imáxenes artesanais reflicten a vibración dos dedos, as variacións de presión, os ritmos internos-externos, etc.

¿Poderíamos facer unha película coas mans?¿y tocando, pintando e raiando? Pois sí.

Co título de "A Miña Primeira Película" os máis pequenos desfrutaron dunha experiencia didáctica en facer cine como aqueles pioneiros, artista plásticos de principios de século pasado como Man Ray, Norman Mclaren o Len Ley que usaban a tira do celuloide como soporte físico para crear movemento pintando, raiando sen axuda de cámara.

Así, os nosos pequenos artistas emularon a éstos vendo as súas obras representativas, aprenderon cos xoguetes ópticos o movemento de imáxenes, e posteriormente realizar a súa propia pequena película entre todos pintando as enormes tiras de película. E para finalizar unha proxección de todo o realizado nun proxector de cina para observar cómo se crea movemento no cine sen cámara.

O obxectivo desta actividade é acercar o cine á infancia a través da creación artística ampliando e despertando o seu interés e coñecementos.

Dende o Museo Fortaleza San Paio de Narla, centro integrado na Rede Museística Provincial de Lugo, os seus responsables invitan aos nenos que desevolvan as súas capacidade críticas, culturais, dende "o respeto e coñecemento do patrimonio".






















This entry was posted on martes, agosto 26, 2014 at 13:28 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario