OBRADOIRO PRESAMAÍN  

Posted by Encarna Lago

Os/as nenos/as do Club Pequeamigos do Museo Fortaleza San Paio de Narla da Rede Museística Provincial, como todos os anos coa chegada do mes de novembro prepáranse para celebración da festa do Samaín, festa supostamente celta ca que se celebra o final da temporada da recollida das colleitas. Tamén se celebra a festividade dos días dos difuntos, celebración cristián consagrada aos devanceiros que xa non están connosco.
Ata non fai moito, pensábase que os difuntos visitaban por estas datas as igrexias e ermidas onde se celebraban misas polas súas almas, mentras que nas casas era o costume de preparar alimentos aos parentes vivos, pensando que era unha forma de recordar os nosos mortos. As ánimas voltaban así por un día ás súas vellas moradas. En forma de conto, tratamos de explicar aos nenos/as do Club Pequeamigos o que é o Samaín= novembro ou fin do verán e a chegada do inverno, para iso desenvolvemos un obradoiro teórico e práctico. Pola parte práctica fixemos a confección dunha cesta para a recollida das castañas cunha saída ao campo e contacto coa natureza. "Traballo moi duro para os/as nenos/as" xa que lles pinchaban os ourizos e queixábanse. 
Quedando pendente a gran festa do Samaín o día 1 de novembro, co Club Pequeamigos e co Club Ei (pais e nais dos nenos/as)









































































This entry was posted on miércoles, octubre 29, 2014 at 13:10 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario