OBRADOIRO NOITE NO MUSEO  

Posted by Encarna Lago

Os nenos/as do noso Club Pequeamig@s desfrutaron doutra marabillosa noite no Museo Fortaleza San Paio porque qué mellor que compartir unha tarde-noite-almorzo en convivencia nun, relaxante, agradable, maxestuoso, interesante, misterioso,... lugar cheo de historias como é o noso museo.
Neste obradoiro os nenos fixeron xogos de presentación, para coñecerse mellor uns aos outros, xogos para interactuar uns cos outros a través de debuxos, traballo en equipo, ceamos todos/as xuntos/as, contamos lendas e contos populares antes de ir a dormir.
E xa pola mañá ao despetar fixemos o almorzo, un biscoito, que foi un pracer degustar
Neste obradoiro os nenos/as aprenderon que a convivencia é, ante todo, compartir, participar na vida allea e facer participar ao outro na propia.



This entry was posted on jueves, agosto 06, 2015 at 19:59 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario