Se alguén pensaba que San Paio non tiña mais sorpresas que sacar da chistera, onte quedou claro (unha vez máis) que ten a maxia e a capacidade de entusiasmar a todas e todos.
Onte as cabazas brillaron con intensidade, e iluminaron o comezo dun prometedor futuro da Asociación Castronela. Que comezou a súa andaina da mellor forma posible, reunindo a todos os seus integrantes fraternalmente. Sempre respectando a máxima de actuar como axente dinamizador do medio rural. Neste caso o friolense, envellecido e con escasas oportunidades de ocio para as nenas e nenos. É por iso que, dende a Rede Museística, queremos dicir aos integrantes de todos os clubs (Pequeamig@s, Sénior, Ei!), grazas!.
Os museos non son entes inertes e inactivo, son dinamizadores sociais. Pero fai falta xente como vós, con ímpeto, con ganas e amor polo que fai, para que esta pequena fortaleza brille co esplendor co que brillaron onte esas cabazas. Esas cabazas foron como os nosos corazóns, tamén cheos de vida e de ilusión por contar con xente con ánimo, emprendedora e loitadora.
Dende aquí damos o pistoletazo de saída a un proxecto que xa escribiu os seus comezos con letras e broche de ouro.Nace unha nova asociación e San Paio divisa un ano cheo de felicidade e das nenas e nenos correndo polas súas entrañas esparexendo risas a gargallada limpa. Todo o que un museo envexa e non sempre consegue: a vida.
Onte este pequeno museo se cheo de vida. Pequeno en dimensións, pero moi grande, descomunal, en valores humanos. Todo o equipo de San Paio quere darvos grazas de corazón e poñerse á vosa disposición para que este proxecto non languideza e para que creza e se perpetúe para sempre: Longa vida a Castronela!
This entry was posted
on domingo, noviembre 02, 2014
at 16:38
. You can follow any responses to this entry through the
comments feed
.