MICROMINA TÍTERES: " Vacacións no mar"  

Posted by Encarna Lago

A Deputación Provincial de Lugo, Vicepresidencia Primeira Cultura e Turismo en cooperación coa Asociación Carballo Vivo (Friol) e o Museo Fortaleza de San Paio de Narla da Rede Museística Provincial presentou a actuación de animación “Vacacións no mar” co grupo “Mircromina Títeres” dirixido por Ton Arenas.

A fortaleza de San Paio de Narla vibrou con entusiasmo e ilusión, contaxiando a pais, nais e fillos da dinámica duns monicreques que danzaron ledos e riseiros ante unha audiencia expectante e entregada a tan didáctico e lúdico entretenemento. Fieis a nosa máxima, San Paio adora ver a ledicia reflectida no rostro dos nosos meniños e meñinas. Agardamos que este sexa o comezo dunha fermosa andaina na que os monicreques fagan as delicias dos nenos e nenas e nos retrotaian aos maiores a nosa añorada infancia.

O pasado sábado día 13 de setembro celebrouse unha actividade lúdica que combinou o lecer e o entretenemento fusionados nun só ente e extasiando a todos e cada un de nós. Nenos e maiores sorrímos ao unísono e enchimos os nosos corazóns de ledicia nun día no que a maxia e a ilusión fixerónse presentes entre nós.




























































This entry was posted on sábado, septiembre 13, 2014 at 19:40 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario