O MAGOSTO EN CARBALLO VIVO  

Posted by Encarna Lago

Dende a fortaleza de San Paio de Narla, sentímonos especialmente orgullosos e satisfeitos deste renacemento cultural que está a experimentar Friol e a súa comarca, na que asociacións como Carballo Vivo xoga un papel moi importante neste eido e na difusión cultural a lugares recónditos.Por todos é sabido que o rural sempre xogou con desvantaxa.


Hoxe en día, o rural é garante de futuro e un reducto de cultura, asemade un bon lugar para a confraternidade e o irmanamento dos seus vecinos e veciñas que descubren o gratificante que é a socialización e índa máis amenizada polos nosos virtuosos músicos e gaiteiros acompañados pola algarabía das nosas pandeteiras que, coas súas hábiles mans, enchéronnos o corazón de xúbilo e ledicia.


O equipo de San Paio louba esta acción e repercusión social e animamos encarecidamente a que isto nunca languideza nin caia no esquecemento. Por sempre e para sempre que ¡¡¡VIVA CARBALLO VIVO!!!, que sempre conta co noso equipo e traballando man a man cos socios e socias desta asociación.
 



























 

This entry was posted on lunes, noviembre 24, 2014 at 22:09 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario