ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA Á EXPOSICIÓN "ENTRE O SONO E OS SOÑOS"  

Posted by Encarna Lago

CÓMO SE DURMÍA NA IDADE MEDIA 

“Entre o sono e os soños” 
Que mellor que esta exposición para coñecer como durmían os nosos antepasados segundo as distintas clases sociais no Museo Fortaleza San Paio de Narla e nos museos que conforman a rede. 
En San Paio de Narla os servos adoitaban durmir na corte dos cabalos ou na cama, adoitaban meterse na cama espidos, apartando os vestidos coa esperanza de verse librado das pulgas e piollos que durante o día lles facían a vida desagradable. Nunha cama durmían 5 o 6 persoas e así conseguían a calor e aforraban espazo. 
En San Paio de Narla a señora Dona Catalina e o señor Vasco das Seixas cubrían as paredes da fortaleza con teas e incluso con teas forradas de pel para combater o frío. As cortinas estendidas ao redor da cama servían para conseguir maior intimidade e calor. 
Para obter un pouco de luz e ao mesmo tempo evitar que entraran nubes de moscas poríanse nas ventás en lugar de cristais pergamiños ou teas enceradas (os cristais só se utilizaban nas vidreiras das igrexas) 
Os colchóns eran de palla e follas e máis tarde de lá, nestes acumulábanse cantidade de insectos e po por iso no recheo metíaselles allo para repelelos. 
As sabanas eran de lino e estopa. 
A cama deixaba claro o nivel social da persoa que ocupaba o leito de modo que as camas se convertían en pezas cheas de ornamentación. 
O bastidor para soster o colchón era dunha rede de corda. 
Nesta época tamén se usaron uns colchóns finos recheos de pluma de aí os recheos de hoxe en día. 
Representación do conto: "Un conto moi polvorento e adormilado"





This entry was posted on miércoles, diciembre 10, 2014 at 9:28 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario