3º Día III Xornadas Interpretación e Dinamización no medio rural  

Posted by Encarna Lago

Onte deron por rematadas as III Xornadas de Interpretación e Dinamización no medio rural organizadas pola Asociación Carballo Vivo. O Museo de San Paio de Narla, e o seu persoal estiveron activos en ditas xornadas. 
Onte pola tarde, o museo de San Paio sentíase vivo e cheo de ledicia cunha experiencia didáctica da contacontos Charo Pita, os nenos/as e maiores desfrutaron a tope dunha hora lúdica de contos, onde participaron activamente. 
A cara de ledicia dos nenos/as e maiores anímanos a falar xa das vindeiras IV Xornadas, posto que esta é un xeito de proporcionar, espazos de encontro, intercambio e formación entre os veciños/as e ao mesmo tempo afondar no coñecemento da nosa historia e do patrimonio material e inmaterial que é moi abundante no concello de Friol.


This entry was posted on domingo, abril 26, 2015 at 14:08 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario