2º Día das Xornadas de Interpretación e Dinamización do medio rural  

Posted by Encarna Lago

Continuando coas III Xornadas de Interpretación e Dinamización no medio rural, a asociación cultural Carballo Vivo celebrou o segundo sábado de ditas xornadas. O Museo Fortaleza San Paio de Narla e a Rede Museística involucrados sempre nas actividades do seu concello, participarou de ditas xornadas, coa presenza do seu persoal. Unha brillantísima conferencia cun gran traballo de investigación e contidos sobre as antigas escolas unitarias en Friol e escolas de ferrado foi o tema no que se centrou a xornada a cargo de José María Carricoba e Blanca Castro Gerpe mestres do CPI Dr. López Súarez de Friol. A través disto puidemos coñecer experiencias relatadas por unha veciña que exerceu como mestra de ferrado, nacida e residente no concello de Friol. A súa experiencia como mestra daquela época foi relatada e vista a través da proxeción dun video, o seu testimonio emocionóunos a todos por os coñecementos que impartía para aquela época e tamén porque hoxe con 86 anos mostrábanos lúcidamente a súa experiencia, o nome de dita mestra coñecida por todos os lugareños é Maria Penas.
A tarde adicouse ao II Encontro de Xogos Populares, onde nenos e maiores desfrutamos dunha tarde de lecer e ao mesmo tempo de camaradería a carón das instalacións do río Narla, lugar que serviú de xogo e desfrute fai moitos anos para os distintos veciños do concello de Friol, e hoxe mesmo cunhas instalacións acondicionadas tratamos de difundir o patrimonio material e inmaterial.
O día 25 de abril, continuaremos con máis actividades.


This entry was posted on martes, abril 21, 2015 at 11:24 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario