OBRADOIRO A PESCUDA DOS DETECTIVES  

Posted by Rede Museística Provincial

Continuando coa intensa programación de activdidades de verán, os nenos/as do Club Pequeamig@s de San Paio de Narla, convertírose en detectives para levar a cabo un obradoiro titulado " A Pescuda dos detectives".
O obxectivo deste obradoiro era que os nenos/as se meteran por un intre na pel dun detective. Un detective peculiar porque o seu campo de acción era o museo de San Paio.
O obradoiro constaba de dúas partes. A primerira parte era una parte teórica-práctica onde aos nenos/as lles explicabamos o papel dun detective, logo pasaban a confeccionar o traxe o seu frac, a súa lupa e o seu sombreiro. 
Vestidos xa de detectives os nenos/as tiñan que ir superando unha serie de pista para acadar a meta final. Unha desas pista era localizar unha figa (difícil de atopar nunha chimenea) outra proba era a peza máis antiga da exposición do museo, a boda dos señores da fortaleza na capela. Finalmente chegaron ao final da torre, fixeron ben as súas tarefas e adiviñaron cal era o truco para atopar un cofre con sorpresas (moedas medievais)


This entry was posted on domingo, agosto 23, 2015 at 12:40 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario