OBRADOIRO CREAR PARA XOGAR  

Posted by Encarna Lago

A arte de xuntar II. Colección  Quiroga-Monte de xoguetes antigos:trens e outras pezas, distribuida polos catro museos da Rede Museística e con motivo de dita exposición, estanse levando a cabo unha serie de actividades complementarias.
Os nenos/as do Club Pequeamig@s do Mueso Fortaleza San Paio de Narla gozaron onte á tarde dun obradoiro que levaba por título "Crear para Xogar", cuxo obxectivo era aprender a xogar e aprender a vivir. A través de xoguetes antigos e de xogos tradicionais os máis pequenos descubriron onte a infancia dos seus avós a través da súa imaxinación e das súas mans eles crearon os soldadiños e outros xoguetes, e así achegaronse a historia do xoguete dunha forma lúdica.
O obradoiro foi impartido por Rosa e Roberto.






































This entry was posted on jueves, septiembre 17, 2015 at 12:29 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario