CELEBRACIÓN DO SAMAÍN  

Posted by Encarna Lago

Os alumnos/as do CPI Dr López Suárez de Friol desfrutaron da mañá de onte dunha forma lúdica e ao mesmo tempo didáctica caracterizando cada un unha persoaxe: morcego, bruxa, urraca, papagaio,... Convertéronse por un momento en poetas ao mesmo tempo que recitaban poesías alusivas ao Samaín (entrada do ano novo na época celta) o seu obxectivo didáctico non era outro que espantar as fadas e aos espíritus malignos, e para iso que mellor lugar que o Museo Fortaleza San Paio de Narla. Os nenos estiveron acompañados pola súa tutora Pilar Racamonde.
Actividade programada en conxunto co departamento de didáctica de dito museo.


This entry was posted on jueves, octubre 29, 2015 at 10:52 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario