O SAMAÍN NO MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA  

Posted by Encarna Lago

O Museo de San Paio de Narla segue a loitar polo seu e segue a crer no potencial e na bondade da xente,principal activo definidor e identificador na nosa ética: difundir cultura e espallar satisfacción por doquier.

Cremos na xente,nas súas ilusións,nos seus medos,inquedanzas,incertidumes...e traballos inmersos na súa cotidianidade e aprendemos,e moito,deles.Un museo sen xente,non é un museo,é un ente condeado a extinguirse.

A Rede Museística comprácese en colaborar en proxectos tan enriquecedores como éstes e felicita a asociación A Castronela pola súa confianza depositada en nós e por insuflar as velas dun barquiño que é pequeno en infraestructura pero grande en valores morais e humáns.Da vosa man;chegaremos sempre a bon porto e nunca iremos á deriva nin encallaremos.

Moitas grazas a tod@s,polo éxito,polo éxito de ter vivido esta fermosa experiencia fraternalmente e fortemente unidos e vencellados entre nós.

Por iso somos uns museos sociais que traballamos coas familias facendo un museo de comunidade,isto é, MUSEOLOXÍA SOCIAL.



This entry was posted on viernes, diciembre 04, 2015 at 12:59 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario