2º DÍA COLABORACIÓN CO PROXECTO VIA LACTEA DA USC  

Posted by Encarna Lago

Continuando co Proxecto Vía Láctea de mozos e mozas xaponeses en colaboración da Rede Museística e USC, onte adicamos o día a coñecer a contorna do Concello de Friol. 
Comezamos na parroquia de Ousá; onde se sementaba o trigo e o centeo para facer dito pan (Pan de Ousá). Neste caso fixémolo artesanalmente na casa da nosa compañeira Carmiña. Así tivemos a gran sorte de ter a nosa disposición dun forno de leña, onde as rapazas e rapaces realizaron todo o proceso de elaboración do pan (peneirar, amasar, enfornar, ...)para logo concluir na parroquía de Guimarei onde se levaban a vender fai moito tempo estes produtos (pan, queixo,...) pois alí celebrabase a feira. Así eles puideron ver os pendellos, unha carballeira, un muíño en ruinas, un pozo comunitario, ... e unha xoia arquitectónica como é a Igrexa de Guimarei, de arquitectura rural gótica, moi pouco do que queda na provincia de Lugo.
Deste xeito aprendemos a coñecer, isto é, adquirimos os instrumentos da compresión, aprendermos a facer, traballando en equipo; aprendemos a vivir xuntos, viviron o pluralismos a comprensión e aprendemos a ser, desenvolvendo a propia personalidade e capacidade de autonomía, de xuizo e de responsabilidade persoal.
E xa por último quixemos coñecer pedras que se recuperaron como é o Dolmen da Muruxoxa, visible trás moitos anos oculto trás a maleza e así é como se agochan os tesouros en Friol.
As rapazas e rapaces xaponeses marcharon impresionados polas súas vivenzas, querendo coñecer todo tipo de gando (vacas, cabalos, ovellas,...) Ensinanzas que perdurarán nas súas vidas.



This entry was posted on jueves, abril 14, 2016 at 18:57 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario